7.4.09

Breve historia da Asociación Micolóxica Viriato



BREVE HISTORIA DA ASOCIACIÓN MICOLÓXICA VIRIATO


É unha sociedade micolóxica que nace no seo de Federación Galega de Micoloxía no ano 1983, e afíncase na súa orixe nos municipios de Cabanas e Pontedeume. Na actualidade ten a sede social en Sillobre no Concello de Fene e conta con máis de cen socios e máis de trescentos simpatizantes. Ten como fin, entre outros, promover a divulgación e coñecemento da Micoloxía e a súa relación co medio ambiente e contribuir ao espallamento social do idioma galego.
Forma parte do Rexistro de Asociacións Protectoras do Medio Ambiente outorgado pola Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental da Consellería de Medio Ambiente.

Entre as actividades máis representativas da sociedade temos:

- Cursos e conferencias de Micoloxía en escolas, institutos, axencias de extensión agraria e sociedades culturais en toda Galicia.

- Organiza todos os anos "A Semana Micolóxica de Ferrol", onde veñen participando e participan grandes expertos, do estado e de fóra, na materia chegando xa á celebración das XXII xornadas.

- Organiza todos os anos "As Xornadas Micolóxicas de Fene".

- Colabora con numerosas asociacións relacionadas co medio ambiente, sociedades micolóxicas, escolas, institutos, axencias de extensión agraria, sociedades culturais e prensa especializada, de ámbito galego, estatal e internacional, en preparación de cursos, seminarios, conferencias, tertulias, artículos e ponencias con recursos humanos moi cualificados.

- Ten elaborado estudios dos micotopos dos Concellos de Ferrol, Neda, Fene, Narón, Valdoviño, Miño ou Pontedeume na comarca de Ferrolterra así como os da Serra do Caurel (Lugo), Merza (Pontevedra), Serra de Geres (Portugal), Incio (Lugo), Mañón (A Coruña), Lago de Sanabria (Zamora), a Serra asturiana de Oscos, entorno natural de Médulas e da comarca do Barco de Valdeorras, o entorno do Concello de Campaspero en Valladolid, do Concello ourensán de Rios e do concello de Vega de Espinaredo (Ancares leoneses).

- Tamén organizou en 1994 "A Semana Micolóxica de Galicia”; participou no Congreso Internacional de Ceva (Italia), en 1989; participación non I, II, III e IV Congreso Galaico-Luso de Macromicoloxía nos anos 1987, 1988, 1989 e 1994 respectivamente.

- Colaborou e participou con poñentes no “1º Congreso micolóxico de Galicia”, Chantada (Lugo) 1.999.

- No ano 2003 impartiu varios cursiños de cociña e micoloxia nas Pontes de García Rodríguez e Fene e divulgando os seus coñecementos entre varias entidades da provincia de A Coruña.

- I e II Xornadas Micolóxicas de Sande Concello de A Capela de oito días de duración.

- Leva varios anos investigando sobre o aproveitamento económico dos cogomelos en relación coa cociña e co monte. Relacionado con isto ven impartindo varias coferencias sobre a materia, tamén realiza cursillos e investigacións sobre o casamento dos cogomelos con diversos ingredientes.

- Está a realizar, en colaboración coa Deputación de A Coruña e a creación do Parque Micolóxico do Río Belelle, do que publicou un libro titulado “Parque micolóxico do Río Belelle”. No mesmo dáse conta do proxecto da creación do parque e da creación dun proxecto complementario denominado “Proxecto de educación medioambiental”, dirixido a escolares e todas aquelas persoas interesadas na Micoloxía.

- Participou con colaboracións nos tres congresos de Micoloxía do Arco Atlántico que se teñen celebrado en Maliaño (Santander), Xixón(Asturias) e Vigo e Tras os Montes (Portugal).

- Está a colaborar co concello de Fene nun proxecto de plantación de árbores micorrizadas en terreos municipais.

Se queres máis información sobre a Asociación Micolóxica Viriato, pincha no seguinte enlace:

Web da Asociación Micolóxica Viriato

No hay comentarios:

Publicar un comentario